esperto sobresaltada pola noticia radiada nunha emisora pirata
a pantera negra fuxiu do zoo!!!!!
anda solta pola cidade!!!!!!!
pode estar acazapada en calquera sombra...disposta para atacar!!!!!!!!!
a noticia queda interrompida por unha pequena pausa publicitaria
A hora de comer
É cando se ten fame
Benvidos á carnicería!!!!!!
saio ao balcón tentando adiviñar onde pode andar esa sombra felina
non podo ver nada alén dun enorme cartel publicitario que reza:
PESO PESADO
O que non deixa de insistir
Ata pesarche na alma
Ata converterse no branco
Dos teus pesadelos
glub!
1 comentario:
Esperemos que non teñamos que subir correndo a engaiolarnos na Madroa!
Esa pantera debe ter moitas contas pendentes coa civilizacion.
Publicar un comentario