T. Roszak: Caixa de Pandora, litografía |
PINTADAS
1. eu non son boa....nin bonita...nin barata...son unha persoa!
2. multitude: ti+eu+o correo
3. mondadeus: mondadentes para os que non teñen dentes.
4. nadando vou, vouandando
5. as balas de odio son gomas de nata
contra o meu peito de aceiro
estupendas para un pulido perfecto.
6. fornique?
fornicando!
como
onde
quen
para?
7. occique?
occimerda!
8. euroescoria
9. Ter un pan e un pano
é ter un par de pámpanos.
10. A poesía morreu e a culpa é toda miña.
11. O espírito santo empreñou. deus nos colla confesados!
12. Ofértase brazo de obra barato.
13. Alúganse ovos de ollo frixido con pestanas queimadas.
14. Isto está atarzanándose e Jane sen aparecer!
15. Teño saúde de ti, meu ben, teño saúde de ti.
16. Sempre hai un can para un óso.
17. Non hai caraveis abondos para tanto puticlú.
18. Vivo voando preñada de ingravidez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario