miércoles, 28 de septiembre de 2011

domingo, 25 de septiembre de 2011

PERIGO!!!!!!!!



esperto sobresaltada pola noticia radiada nunha emisora pirata


a pantera negra fuxiu do zoo!!!!!


anda solta pola cidade!!!!!!!


pode estar acazapada en calquera sombra...disposta para atacar!!!!!!!!!


a noticia queda interrompida por unha pequena pausa publicitaria



A hora de comer
É cando se ten fame
Benvidos á carnicería!!!!!!


saio ao balcón tentando adiviñar onde pode andar esa sombra felina

non podo ver nada alén dun enorme cartel publicitario que reza:


PESO PESADO
O que non deixa de insistir
Ata pesarche na alma
Ata converterse no branco
Dos teus pesadelos



glub! 




domingo, 4 de septiembre de 2011

POESOÑOS

Poema soñado


As súas meixelas son como ás de bolboreta e a súa clara poeira
   queda na palma das miñas mans.
Os seus dedos son coma frautas e a súa pel coma o revestimento
   de nácara no seo da madreperla.
Só un astrólogo de gorro en punta podería agoirar
   nas súas entrañas que están ateigadas de estrelas:
Envolto en nubes chameantes de poeira lampexante e
   en ondeantes farrapos de tea brilla o corpo amorfo e
   incompleto, baixo a venda imprecisa do soño.


Coma nenos


O reloxo das dúas no estanque durmido e a roda do
   muíño abre o seu ollo.
A lúa repenica con culleriñas de prata roubadas
   na campá afundida.
Vestidos con camisolas de bolboreta gabeamos polos talos
   do ar ata a cama con dosel con colcha de nubes.
No xardín do amor alá na terra dormen paxariños con flores.
A ra-pomba esperta con ás debaixo da mansa
   mapoula de onte.
Alá abaixo no xardín do amor os que se unen non tardan en seren aniquilados.
E nada pode mudar no feliz conto do soño.
Sei que vivo da túa boca cos teus peitos na miña man como pombas.
Sei que ningún de nós os dous espertará do outro.


GUNNAR EKELÖF: Non serviam. Antoloxía poética