Atacan os apaches
Artefacto cinéticoaudiovisual colectivo
Sincronización case sinestésica
Rima e ritmo
Voz femeninaplural
Amplitude de onda
Voo de garza
Cando o home baila
danza o universo
Cando a muller canta
móvense os ríos
Cando as mulleres cantan a coro
as ondas son imparables
Nada de gaitas
Voz en expansión
india
A voz en grito
arrimeime a un pino verde
por ver se me consolaba
o pino como era verde
en vez de cantar choraba
POBO QUE CANTA NUNCA MORRE
SEN RIMA, ESQUECEDE O CANTO
pobo que baila non morre...de frío!
ResponderEliminarE moito menos se ten a habilidade de facelo cun vasiño de tinto na cabeza.
Que maneira equitativa de cantar e de bailar. E que fermoso espectáculo a vista de paxaro.